Home Programas Área Compostela Xestores do Patrimonio Mundial reavivan o debate do impacto do turismo nas cidades Patrimonio

Xestores do Patrimonio Mundial reavivan o debate do impacto do turismo nas cidades Patrimonio

0
Xestores do Patrimonio Mundial reavivan o debate do impacto do turismo nas cidades Patrimonio

O Museo das Peregrinacións acolleu esta mañá a inauguración do VI Encontro Ibérico de Xestores do Patrimonio Mundial. O acto estivo dirixido polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que fixo fincapé na importancia que tivo, hai case 32 anos, a declaración de Santiago como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

O encontro é unha iniciativa que nace no ano 2004 co obxectivo de estreitar vínculos entre países da península Ibérica (España, Portugal e Andorra).

[vc_video link=”https://www.youtube.com/watch?v=zmni73I8z3E”]

Na procura do equilibrio

Tamén participaron neste encontro bianual o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, así como a directora xeral de Patrimonio Cultural do Ministerio de Cultura, Paula Silva. Ao longo destas tres xornadas afondarase nos instrumentos de xestión que faciliten o equilibrio entre as actividades hoteleiras e hostaleiras e as hostaleiras e as habitacionais, favorecendo a convivencia do “comercio turístico co comercio tradicional e de proximidade”, tal e como indicou o propio Martiño Noriega.

O turismo: aliado e inimigo do Patrimonio

O Conselleiro de Cultura da Xunta, Román Rodríguez, tamén participou esta mañá na inauguración do VI Encontro Ibérico de Xestores do Patrimonio Mundial e ofreceu a súa visión sobre a xestión do impacto do turismo coa que, en termos xerais, é similar á que indicou o propio alcalde, Martiño Noriega