A xestión pública do guindastre e a ORA en Compostela irá a Pleno este mes

Martiño remata así coa incertidume xerada na pasada semana: o proceso de recumicipalización avanza

A xestión pública do guindastre e a ORA en Compostela irá a Pleno este mes. Tal e como anunciou esta mesma mañá o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, en rolda de prensa no Pazo de Raxoi.

Martiño Noriega asegurou que hai “seguridade xurídica para dar este paso” e o que cómpre agora é saber a opinión dos demais grupos políticos con representación na Corporación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“A recuperación da xestión pública de servizos non é un tema pacífico”


No Pleno levarase a proposta cun punto que especifica que a decisión definitiva sobre a resolución das suxestións e reclamacións adoptaranse tras a resolución que dite o xulgado no incidente de execución da sentenza que lle afecta ao caso.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -