Continúa o conflito acerca da nova depuradora de Compostela. O grupo de Goberno proporá, no Pleno do vindeiro xoves, unha moción para que tódalas formacións políticas amosen “o seu posicionamento” acerca do convenio da EDAR, que compromete ao Concello a achegar o 20% do custo final e abonar a metade de “calquera incremento” que se produza no orzamento, un acordo que tódolos grupos políticos consideran “desproporcionado”.
Ambas formacións consideran “inaceptable” que Compostela Aberta leve ao Pleno unha moción para valorar o convenio “sen posicionarse”
Así e todo, o PSdeG e o BNG critican a “pésima negociación” de Compostela Aberta con Fomento e a “cobardía política” do alcalde, Martiño Noriega, ao levar este asunto ao Pleno antes de anunciar se apoia ou non o convenio.