A xestión do casco histórico compostelán continúa sementando interese internacional

A xestión do casco histórico de Compostela, exemplo para os arquitectos de Quito

Unha delegación de arquitectos e expertos da cidade de Quito, reuniuse co alcalde Martiño Noriega para coñecer os traballos de rehabilitación e xestión do casco histórico da cidade. A capital ecuatoriana foi a primeira do mundo en ser declarada Patrimonio da Humanidade. Agora, o Concello traballa na elaboración do seu Plan de Xestión do centro histórico e, polo tanto, tomou como referencia as cidades de Santiago de Compostela e Málaga.

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, aproveitou a súa participación no acto para lembrar que o seu departamento está a traballar na elaboración do Plan de Xestión e o Plan Especial de Compostela, que determinará os usos en materias como vivenda, turismo, comercio ou mobilidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

https://nostelevision.gal/novo-impulso-ao-proceso-de-planificacion-da-cidade-historica/

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -