Home Programas Espazo Aberto Xerardo Quintiá, gañador do II Premio Fina Casalderrey

Xerardo Quintiá, gañador do II Premio Fina Casalderrey

0
Xerardo Quintiá, gañador do II Premio Fina Casalderrey

O II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade recaeu na obra presentada baixo o lema ‘O País do Gran Furado’ do escritor friolés Xerardo Quintiá Pérez. O xurado que galardonou á obra estaba formado por Ana Luísa Bouzas, integrante do consello de redacción da revista Andaina e administradora de Luzes, Montse Pena Presas, escritoria e crítica literaria, Patricia Porto Paderne, xerenta da libraría Lila de Lilith, Pilar Sampedro, vicepresidenta de Gálix e a directora de Baía Edicións, María Belén López Vázquez. Todas destacan o “humor irreverente” da obra pola “súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade”.

O Premio Final Casalderrey de Literatura pola Igualdade convócase en Galicia “a raíz das carencias percibidas dalgunhas temáticas nos contos infantís, temáticas que poden axudar á construción dun imaxinario en igualdade entre mulleres e homes xa desde a infancia, necesario para un mundo máis xusto”, indican dende a editorial Baía que convoca este galardón.