O novo deputado do Grupo Común da Esquerda, Xan Xove, tomou posesión da súa acta no Parlamento de Galicia co obxectivo de que “acabe a infame época de Feijóo” á fronte da Xunta de Galicia. Desta maneira, declarou que “comezo a miña andaina como deputado con toda a ilusión para a aportar o meu gran de area” de cara a acadar “un novo modelo que necesita urxentisimamente o noso país”.

O parlamentario afondou en que “estes anos do PP levaron a Galicia a un calexón sen saída, a unha vía morta, e entre todos e todas, representando a maioría social buscaremos un cambio de progreso”.

Xan Xove

Xan Xove naceu en Viveiro en 1977. Con formación en Traballo Social (Grado), traballador público de Correos SAE, onde foi presidente do comité de empresa da provincia da Coruña até o 2019. Músico de diferentes formacións en Galiza e Barcelona, levando a música Galega por toda Europa e acadando diferentes premios. Militante do ambientalismo e da cultura desde os anos 90, con especial implicación activa no antimilitarismo, o Nunca Máis e o 15M, entre outros movementos sociais. Logo de 15 anos emigrado en Barcelona e en Menorca retorna no 2013 para participar, entre outros movementos, nas Marchas da Dignidade, e foi fundador da Marea Atlántica, colectivo onde leva a cabo principalmente a súa actividade política nestes momentos.

- Publicidade -