Xan Duro levará a potestade sancionadora e licenzas de Jorge Duarte

Confianza absoluta do Alcalde de Santiago e do equipo de Goberno nas actuacións de Jorge Duarte

A espectación mediática de hoxe na comparescencia do alcalde de Santiago na rolda de prensa semanal posterior á Xunta de Goberno viña dada polo anuncio de onte realizado polo concelleiro Jorge Duarte. O edil é citado a declarar como investigado nas dilixencias previas abertas en relación a uns expedientes a locais de hostalería. Se no día de onte Duarte propuña ceder algunhas competencias relacionadas co caso hoxe o alcalde anunciaba que estas pasarían ao concelleiro Xan Duro.

- Publicidade -

Martiño Noriega explicou aos medios de comunicación que decisión se tomou a petición do propio Duarte. Defendeu a xestión do seu edil e da transparencia na súa xestión.

A propia expectación mediática fixo que o propio alcalde solicitara a mesma atención cando se remate todo este proceso administrativo.

Martiño Noriega dixo confiar na xustiza

Preguntado pola opinión da cidadanía sobre este caso respondeu que non pensaba que coa actual política sancionadora ninguén pensase en favoritismos.

En relación ao comportamento do seu grupo político nestas circunstancias asegurou sentirse orgulloso del.

O caso dos expedientes a locais de hostalería está no momento das dilixencias previas, e o concelleiro de Espazos Cidadáns prestará declaración como investigado despois de telo solicitado el mesmo por escrito ante a Fiscalía.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego