Home Programas Espazo Aberto Xabier Quiroga: “A ficción axuda a comprender o pasado”

Xabier Quiroga: “A ficción axuda a comprender o pasado”

0
Xabier Quiroga: “A ficción axuda a comprender o pasado”

O cabo do mundo, obra cume de Xabier Quiroga, vén de publicarse traducida ao castelán. Trátase dunha novela que aborda a cuestión da resistencia antifranquista durante os anos da ditadura, e, polo tanto, fai un importante exercicio de memoria histórica. Quiroga considera imprescindíbel verter luz sobre as etapas escuras da historia de Galicia, xa que “a ficción axuda a comprender o pasado”.

Luz sobre a escuridade

O escritor considera que aínda queda moito traballo por facer en materia de memoria histórica, xa que a Transición provocou a “ocultación” dos episodios máis cruentos da ditadura de Franco. Para el, houbo sempre “intereses ocultos” na oposición á aplicación da memoria histórica no Estado. “Gústame sacar á luz o que se atopa na escuridade”, relata o autor de obras coma Izan o da saca ou Atuado na braña.

A proxección da literatura galega

Quiroga valora o interese de editoriais foráneas en traducir a súa obra a outras linguas coma o castelán, mais lamenta que estas poidan perder a súa esencia inicial. El é un escritor “galego e en galego”, consciente tamén da importancia de proxectar a cultura do país cara ao exterior.