O concello de Teo acolleu a quinta edición do LGx15, ideas para o futuro da lingua, que organiza dende o 2015 a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Teo. Nos últimos días, dende a CTNL comezaron a publicar as intervencións das persoas que participaron desta quinta edición.
Dhaunae de Vir
Dhaunae é oriúnda dos Ancares, pero actualmente reside entre Estocolmo, Madrid e Londres traballando como desenvolvedora de negocio de proxectos transmedia para unha empresa de videoxogos. Á parte da vertente de negocio, a súa experiencia no transmedia abrangue deseño, produción e tradución de videoxogos, series, sitios web, xogos de rol e outros formatos a varias linguas.
Emilio del Río
Foi pioneiro na utilización das novas tecnoloxías para posibilitar e ser pioneiro na teleconsulta de Dermatoloxía en España no ano 1999 e, neste mesmo mes de setembro de 2019, vinte anos despois, pioneiro tamén na organización e coordinación do primeiro congreso virtual da especialidade en España.
Alba Mancebo
Xornalista, nada en Vimianzo, traballadora da CRTVG no departamento Extensión Audiovisual que dirixe.
Os da Ría Íntimos
Os da Ría Íntimos interpretan o tema “Fernando Ónega”, pertencente ao disco “Disco Díscolo” (2012), no LGx15 de 2019.
Xoana
O seu nome é Xoana e cos seus 20 anos acaba de publicar Dardos, o seu primeiro disco.
Suso López
Enxeñeiro industrial pola UDC. Traballa como produtor, comercial e profesor.
Alba Rodríguez
Comezou na Facultade de Enxeñaría e, logo dun ano, decidiu comezar a estudar Economía na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, onde se gradupu o curso pasado. No presente curso, segue na mesma universidade aumentando a súa formación grazas ao Máster en Técnicas Estatísticas.
No ámbito laboral, traballou como dependenta, administradora e teleoperadora mentres estaba estudando o grao. Agora mesmo volveu ao emprego de dependenta que tivo uns anos atrás.
Rosa Aneiros
En 1999 –hai xusto vinte anos– presentou a súa primeira novela, ‘Eu de maior quero ser’, á que seguiron ‘Corazóns amolecidos en salitre’ (2002), ‘Resistencia’ (Xerais, 2003), ‘Veu visitarme o mar’ (Xerais, 2004) e ‘Sol de Inverno’ (Xerais, 2009).
Resumo LGx15 2019
Que é o LGX15?
LGx15. Ideas para o futuro da lingua é un evento que consiste en oito charlas dun máximo de 15 minutos para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua.