A equipa de Nós Televisión traballa arreo para ser unha televisión apta para todas as pantallas e que coloque no centro a cultura e a lingua galegas. Neste camiño, as redes sociais convértense nun espazo de encontro entre as profesionais do noso medio de comunicación e todas as persoas que nos seguides e por iso é tan importante para nós.
Na rede de Facebook superamos as 9.300 persoas que gostan da nosa páxina e xa son máis de 10.300 as que nos seguen. Tamén na nosa rede social de Twitter, onde chegamos ás 8.047 seguidoras, máis de 7.600 na canle de Youtube e máis de 800 no Instagram, onde comezamos a nosa andaina hai apenas tres meses. Axúdanos a medrar nas redes sociais para atoparnos cada vez con máis persoas! Expandamos a nosa cultura e a nosa lingua!