Home Programas Espazo Aberto “Xa se dan as condicións para votar”

“Xa se dan as condicións para votar”

0
“Xa se dan as condicións para votar”

O voceiro de Anova, Antón Sánchez, manifestou na mañá de hoxe o seu enfado polo “misterioso” bloqueo da convocatoria de votacións no seo de En Marea e pola decisión de trasladar o conflito ante a Fiscalía. “Xa se dan as condicións para convocar as votacións” resaltou en varias ocasións o propio Antón Sánchez ante as preguntas dos medios de comunicación ao tempo que lamentaba o “dano causado ao espazo político” durante as últimas semanas

A enorme decepción do alcalde de Santiago

E é que a imaxe de hoxe foi de decepción e así o trasladou especialmente o alcalde de Santiago e dirixente de Compostela Aberta e tamén membro de Anova, Martiño Noriega. Así, o alcalde da capital chegou a afirmar que ten poucas esperanzas nos resultados da xuntanza que manterá este sábado o Consello das Mareas para, en teoría, desbloquear a situación interna.