Xa sabes como celebrar hoxe o Día do Libro?

Traémosvos algunhas propostas para pasar o día de hoxe sen esquecer a demanda do sector do libro galego: axudas urxentes e específicas

Este 23 de abril celébrase o Día do Libro que este ano fica envolto en centos de actividades que se desenvolverán pola internet. A equipa de Nós Televisión animámosvos a que vexades a nosa peza especial polo Día do Libro no #EspazoAberto de hoxe, ás 21 horas no 119 de R ou nas nosas redes sociais.

No eido institucional, destacan medidas como a dos museos e arquivos xestionados pola Xunta súmanse á programación en liña con motivo do Día do Libro, que se celebra este xoves, con iniciativas para facer visible o seu patrimonio bibliográfico. Outro exemplo colócano as bibliotecas da Coruña que presentan ‘Lemos para ti’, un conxunto de narracións orais que as traballadoras e traballadores dos centros difundirán a través da súa canle de Spotify e na radio.

Para as editoriais e as libreiras este 23 de abril está lonxe de semellar unha festa. As medidas de confinamento e de limitación da libre circulación polo coronavirus agrava a crise do sector que esixe axudas urxentes e específicas.

Para navegar entre esta nostalxia, achegámosvos varias alternativas. Podedes ver aquí a entrevista que lle realizamos a Carmen Rey, escritora de Mazaricos, ou as que prefirades revivir os postos das librarías e toda a xente que se conglomera ao seu redor: podedes ver aquí a festa da Praza dos Libros que se celebraba o ano pasado en Carballo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego