Chegan as eleccións europeas, unhas das máis descoñecidas pola poboación en xeral. A diferenza doutros comicios, nestes non se vota só en clave nacional senón que as diferentes formacións e coalicións de cada país terán que adscribirse aos grupos parlamentarios internacionais recoñecidos dentro do Parlamento Europeo. Por exemplo, a Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas, o Partido Popular Europeo, o Grupo Confederal de Esquerda Unitaria Europea, a Alianza Libre Europea ou Os Verdes Europeos.
Entre as candidaturas que se presentan dentro do territorio español e que calquera persoa con dereito ao voto poderá subscribir hai partidos galegos en:
Coalición por unha Europa Solidaria na que figura Compromiso por Galicia xunto o PNV, Coalición Canaria, Agrupación Atarrabia, Proposta per les Illes Balears e Demòcrates Valencians.
Agora Repúblicas conformada polo BNG, ERC e EH Bildu.
Compromiso por Europa na que está En Marea, Compromís, Chunta Aragonesista, Més per Mallorca, Nueva Canarias, Coalición Caballas, Iniciativa del Pueblo Andaluz, Izquierda Andalucista, Coalición por Melilla, Partido Castellano, Verdes de Europa e independentes.
A maiores, a polémica céntrase na candidatura de Lliures por Europa encabezada polo independentista Carles Puigdemont.
As votacións nos países europeos desenvolverase entre o 22 e o 26 de maio. No territorio español, ao igual que na maioría dos territorios europeos, os comicios desenvolveranse este domingo.