Xa podes ver o novo programa de GZmúsica en Nós Televisión

Baiuca, The Lelli Kelly's. Txuki Camanho e Monolious DOP son as protagonistas do primeiro programa.

Xa está aquí o novo programa de GZmúsica, un espazo mensual de media hora no que debullaremos a actualidade da escena musical galega.

- Publicidade -

Nesta estrea, as compañeiras de GZmúsica falaron de Baiuca con Álex Casanova durante o seu concerto en Compostela. Tamén viaxaron ata Verín para entrevistar á banda de rock de Moaña, The Lelli Kelly’s. Ademais, veredes os videoclips do momento: por unha banda, o hiphop de Txuki Camanho, con Polviño de Fada; e o último dos noienses Monolious DOP, desde Porto.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego