Home Espazo Aberto Cultura Xa podes presentar o teu proxecto ao II Premios Mil Primaveras

Xa podes presentar o teu proxecto ao II Premios Mil Primaveras

0
Xa podes presentar o teu proxecto ao II Premios Mil Primaveras

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca a segunda edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Os galardóns, que comezaron a dar o ano pasado, buscan recoñecer accións, campañas, proxectos e programas concretos que teñen como obxectivo promover o uso e o prestixio da lingua.

En que consisten os Premios Mil Primaveras?

Os premios recoñecerán accións, programas, campañas, proxectos etc. que teñan como obxectivo a promoción do uso e do prestixio da lingua galega. Poderán presentar a súa candidatura os proxectos que tivesen vixencia, total ou parcialmente, en 2018, 2019 ou 2020, até a data de finalización do prazo de inscrición.

Os galardóns contan con seis categorías: ao mellor proxecto estabilizado, ao mellor proxecto novo,  á mellor comunicación e impacto, ao proxecto máis innovador, ao mellor proxecto de fomento do galego na infancia e/ou mocidade e ao mellor proxecto de fomento do galego nun ámbito sectorial.

Os Premios Mil Primaveras non teñen dotación económica. Para axudar a dar a coñecer os proxectos premiados, organizarase un acto público de entrega e as candidaturas seleccionadas polo xurado estarán dispoñibles para a súa consulta detallada no web www.milprimaveras.gal. O prazo para inscribir proxectos está aberto do 17 de febreiro ao 5 de abril de 2020.