Xa hai proposta alternativa para a nova depuradora

O grupo de Goberno presenta unha proposta alternativa con tecnoloxía innovadora que aforraría entre un 30 e un 50% dos custos do Souto

Ante a negativa do Goberno local a asinar o convenio da EDAR do Souto, un documento que consideraba “abusivo”, a corporación liderada por Martiño Noriega propón ubicar a nova e necesaria depuradora no emprazamento onde actualmente se atopan as instalacións da Silvouta. Este proxecto executaríase durante diferentes fases para non impedir o funcionamento da infraestrutura durante as obras.

A EDAR da Silvouta permitiría reducir o custo enerxético e o orzamentario ao respecto do proxecto do Souto

A EDAR contaría cunha tecnoloxía punteira empregada en cidades coma Faro, e consistiría nunha serie de contedores de lodos granulares aeródicos que diminuirían, segundo as previsións, o impacto ambiental, o tamaño das instalacións, os prazos de execución e os custos totais.. Deste xeito, o orzamento estimado sería dunha contía non superior aos 35 millóns de euros, entre un 30 e un 50% menos que a infraestrutura prevista para O Souto.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Un “proxecto de cidade”

A proposta foi trasladada esta mañá aos voceiros dos grupos municipais de PP, PSdeG-PSOE e BNG, co obxectivo de sumar apoios para convertela nun “proxecto de cidade” que será presentado en Madrid ante Acuaes e Augas de Galicia nas vindeiras semanas. Se as estimacións iniciais se cumprisen, a nova depuradora estaría operativa antes de 2023, polo que se garantirían os fondos europeos que subvencionan unha parte importante da infraestrutura.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -