Xa están aquí os vídeos finalistas do concurso Youtubeir@s

Vídeos finalistas do concurso Youtubeir@s

Este venres terá lugar a entrega de premios do concurso Youtubeiros, youtubeiras; un concurso de vídeos en galego na rede apoiado por diversas administracións públicas, entre elas o Concello de Santiago.

Ourense acollerá a Gala na que se entregarán os premios.
O programa Youtubeir@s conta con dúas categorías: Video-facermos, para videotitoriais que amosen como facer cousas e Vídeo-opinarmos, para vídeos nos que se achegue unha opinión ou valoración sobre calquera tema. Cada unha destas categorías vai ser premiada cunha contía de 1.000 euros e tamén se asignarán catro mencións honoríficas de 500 euros.

- Publicidade -

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego