Home Programas Área Compostela Xa está aquí o tradicional Campamento Urbano de Don Bosco

Xa está aquí o tradicional Campamento Urbano de Don Bosco

0
Xa está aquí o tradicional Campamento Urbano de Don Bosco
Martiño Noriega participou da recepción aos nenos e nenas participantes desta edición

Hai 31 anos o Centro Don Bosco comezaba unha actividade en Santiago facilitando, alén de descubrir aos seus participantes a outra “Compostela”, a conciliación laboral e familiar: o seu campamento urbano. Esta mañá os 140 nenos e nenas participantes nesta edición visitaron o Concello de Santiago onde foron recibidos polo alcalde, Martiño Noriega, e membros da corporación municipal. O director da escola, Xabier Blanco, lembra como se iniciaron estes campamentos.

Xabier Blanco: “facilitamos que rapaces e rapazas coñezan a outra compostela”

Os e as participantes teñen en común que con esta actividade facilítase a posibilidade de que pais e nais poidan continuar co seu traballo ou mesmo optar por outro tipo de vacacións.

O campamento urbano do Centro Don Bosco organiza accións dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 17 anos intercambiando actividades de exterior como grande xogos, predeportivos, deportivos, xincanas… con actividades de interior como obradoiros, animación á lectura… e interesantes saídas para coñecer a cara oculta da nosa cidade.

Máis información sobre o campamento