Home Programas Área Compostela Xa está aquí a Mostra de Teatro organizada pola rede de Centros Socioculturais de Santiago

Xa está aquí a Mostra de Teatro organizada pola rede de Centros Socioculturais de Santiago

0
Xa está aquí a Mostra de Teatro organizada pola rede de Centros Socioculturais de Santiago

O teatro amador dos CSC de Compostela chegará ao Teatro Principal os últimos días do mes de xuño. Anunciouno na Casa do Concello a concelleira Concha Fernández acompañada de Roberto Casal, coordinador da actividade, e Lupe Fernández.

Unha gran oportunidade

Concha Fernández lembrou que esta será a primeira ocasión na que se organiza unha mostra de teatro destas características no Teatro Principal e que isto supón, en palabras da edil, dunha “gran oportunidade para os grupos de teatro afeccionado”. Roberto Casal explicou que esta oportunidade permite achegarse aínda máis aos participantes ao mundo do teatro, quen sabe se para toda a vida.

Haberá obras infantís e para adultos e a entrada para todas elas é de balde. Comezarán o día 27 de xuño coa obra Galiña Azul e rematará o día 30 de xuño coas obras Nadarín e Un día no parque.