Home Programas Área Compostela Xa está aquí a 50ª Feira do Cocido de Lalín

Xa está aquí a 50ª Feira do Cocido de Lalín

0
Xa está aquí a 50ª Feira do Cocido de Lalín

A Praza do Obradoiro amenceu este mércores cun agradábel cheiro a chourizo, garavanzos e caldo. O “Bus do cocido”, que promociona a través do país o prato estrela da gastronomía lalinense, fixo unha parada na capital galega para ofrecer á sociedade compostelá unha gran variedade de produtos propios da comarca.

Rafa Cuiña visitou hoxe Compostela para dar a coñecer a Feira do Cocido de Lalín

Para a Feira deste ano, que conmemorará as “vodas de ouro” do popular evento gastronómico, o alcalde de Lalín anunciou “numerosas novidades” dentro dun amplo programa de actividades. A festa busca nesta edición modernizarse, simbolizando unha “volta á tradición” con figuras coma o pintor Laxeiro, que protagoniza o cartaz, ou Víctor Freixanes, pregoeiro desta nova edición.+

Valorizar a “tradición culinaria galega”

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, agradeceu a celebración de eventos coma este que “poñen en valor” a tradición culinaria galega.

O Pazo de Raxoi acolleu a presentación da Feira do cocido

Apoio institucional

Á presentación da Feira do Cocido en Compostela acudiron membros de ámbalas dúas corporacións municipais, quen convidaron ás persoas presentes a acudir o vindeiro domingo 4 de febreiro á localidade pontevedresa.