Home Programas Espazo Aberto Xa é posible consultar no web os proxectos recoñecidos na primeira edición dos Premios Mil Primaveras

Xa é posible consultar no web os proxectos recoñecidos na primeira edición dos Premios Mil Primaveras

0
Xa é posible consultar no web os proxectos recoñecidos na primeira edición dos Premios Mil Primaveras

A partir de hoxe, xa se pode consultar no portal web dos Premios Mil Primaveras os recoñecidos na primeira edición do certame: Modelo Burela (como proxecto estabilizado), Falemos de ti e min (como proxecto novo), Desafío 48 h (pola súa comunicación e impacto), Youtubeir@s (como proxecto máis innovador), Eu presumo de galego (como proxecto destinado á mocidade) e GCiencia (como proxecto dun ámbito sectorial).

Un dos obxectivos da convocatoria destes premios, alén de recoñecer a calidade dos proxectos que se desenvolven no ámbito da normalización lingüística, é contribuír á súa difusión e que poidan servir como modelo e inspiración para o traballo de promoción do uso e prestixio da lingua. Daquela, na sección “proxectos premiados” do web dos premios están dispoñibles os proxectos premiados, cunha explicación detallada da súa planificación, xestión, desenvolvemento e avaliación, ademais das súas necesidades técnicas e persoais e outros detalles como fotos, arquivos de vídeo e son e ligazóns a Internet.