O WOS consolídase en Compostela. Esta cuarta edición, estruturada en torno a programas que van do Cinema a Encontros pasando polas Performance, Música e Clubbing, espallarán as novas tendencias por toda a cidade do 6 ao 10 de setembro. Hoxe presentou a súa programación na Fundación Eugenio Granell coa presenza da organización acompañada de institucións e patrocinadores.
50 propostas: do 6 ao 10 de setembro
Este ano serán un total de 50 propostas as que se poderán ver en Compostela con artistas chegados desde todo o mundo, como é o caso do grupo británico Beak. Para moitos deles será a súa primeira vez no Estado español.
Toda a información do Festival