Volven os encontros Ao Vivo

Logo do seu paso por todas as zonas da cidade, os encontros "Ao Vivo" inician a súa nova andaina

O Goberno local vai retomar no mes de xuño os Encontros ao vivo, os actos deseñados para que o alcalde e os concelleiros e concelleiras rendan contas en contacto directo coa veciñanza.

- Publicidade -

San Pedro e Almáciga

O calendario dos Encontros ao vivo arrincará o 8 de xuño cunha xuntanza cos veciños e veciñas de San Pedro e da Almáciga no Centro Xove de Creación Cultural. Os actos comezarán ás 19:30 horas.

No mes de xullo, os Ao vivo chegarán a Salgueiriños, en concreto á Casa das Asociacións de Benestar Social. Á volta do verán está prevista a celebración de xuntanzas no Centro Cívico de Vista Alegre-Romaño, O Ensanche, Fontiñas, Cidade Vella, Pontepedriña, Vite e Sar. Para as parroquias, desta vez deseñouse un formato propio, o Rural ao vivo, que se desenvolverá paralelamente a partir dos meses de outono.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego