Volven a Compostela os obradoiros de empoderamento das mulleres do rural

As actividades desenvolveranse en seis parroquias do municipio nos meses de outubro e novembro

Espazos de liberdade para as mulleres do rural. Os obradoiros de empoderamento nas parroquias chegan a ser ese oco polo que sair da rutina diaria para moitas mulleres. Esta é a experiencia que contaron hoxe a concelleira de Igualdade, Marta Lois e o concelleiro de Medio Rural, Rafel Peña que, acompañados por Cruz da Fonte e María Pose, describiron as dificultades para chegar ás mulleres participantes e o importante que é que participen.

O único ocio que teñen está cando nós abrimos a porta

Os obradoiros de empoderamento voltan este mes de outubro e en novembro mais coa novidade de contar tamén cun obradoiro da risa que se iniciou en Verdia e pasará tamén por Figueiras e Bando.

A actividade xurdiu logo dun informe realizado por Igualdade en 2015 sobre a realidade e as condicións de vida das mulleres compostelás. Ao ano seguinte Medio Rural e de Igualdade elaboraron e impulsaron o programa Vida propia, que conseguiu chegar ás parroquias do Eixo, Enfesta e Villestro. O ano pasado xa se sumaron Busto, Lavacolla, Laraño, Aríns e Santa Cristina de Fecha que sumaron un total de 50 mulleres participantes.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego