O certame Youtubeiras que o ano pasado comezou como unha interesante experiencia de promoción do galego a través da participación e espallamento participativo de videos chega nesta edición da man do servizos de normalización lingüística de nove concellos, as tres universidades e a incorporación da Deputación da Coruña.
Volve o concurso @youtubeirxs! O galego continúa medrando nas redes sociais grazas á participación nesta novidosa iniciativa pic.twitter.com/paFulZuTLy
— Nós Televisión (@NosTelevision) 30 de noviembre de 2017
Bases
Nestes premios poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos a través de vídeos de opinión ou videotitoriais autoproducidos en galego subidos a esa canle de internet. As pezas deberán ser posteriores ao 28 de abril de 2017, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición. En total, o certame entregará 5.500 euros en premios.
Consulta as bases na web da iniciativa
https://nostelevision.gal/xa-estan-aqui-os-premios-youtubeirs-2018/