Home Programas Área Compostela Volve a tradición ás Festas do Apóstolo da man do Día do Traxe Galego

Volve a tradición ás Festas do Apóstolo da man do Día do Traxe Galego

0
Volve a tradición ás Festas do Apóstolo da man do Día do Traxe Galego

O Concello presentou todos as novidades da nova edición do Día do Traxe Galego que terá lugar o vindeiro 29 de xullo e que, como xa é habitual, estará inserido nas Festas do Apóstolo.

A concelleira María Rozas tamén estivo acompañada polo secretario da Asociación do Traxe Galego, Francisco Collantes, e polo director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés-Galicia, Pati Blanco, que afondaron en todas as características desta xornada que achega a tradicion ás rúas de Compostela.

Deste xeito, o propio día 29 comezará, desde as 11:30, a concentración de participantes na Alameda e que desfilarán ata a Praza do Obradoiro. Pola tarde, haberá un segundo desfile que comezará ás catro da tarde desde Bonaval ata a Praza da Quintana.

Toda a información sobre as Festas do Apóstolo 2017