A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o vicepresidente primeiro da Asociación Hostalería Compostela, Germán González, presentaron en rolda de prensa no Pazo de Raxoi a novena edición do concurso de tapas da cidade, Santiago(é)tapas.
Por segundo ano consecutivo o Concello e a Asociación Hostalería Compostela, organizan conxuntamente este evento gastronómico. Unha das particularidades do Santiago(é)tapas é que polo menos un dos produtos que se empreguen na súa elaboración pertencenza a algunha das Denominacións de Orixe ou Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.
As tapas venderanse este ano a un prezo único de 2,50 euros nos establecementos participantes, que se agarda cheguen a 60, distribuídos en varias rutas. Santiago(é)tapas terá lugar en Santiago de Compostela entre os días 17 de novembro e 4 de decembro