O Festival Atlántica volve nunha séptima edición máis completa que nunca. Do 12 ao 23 de marzo, poderemos disfrutar de máis de 90 actuación en 16 Concellos espallados por todo o territorio do pais. Por primeira vez, o festival chega ás catro provincias e aúna arredor de 30 narradoras de case todo o mundo.
Será nos Concellos de Santiago, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, Pazós de Borbén, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis os que acollerán o festival este ano. Festival que a propia organizadora, Soledad Felloza, etiquetou como o “máis grande da Península Ibérica”, e que cumpre unha enorme labor: a de preservar o noso costume da narración oral, os contacontos.
Toda a información sobre o programa esta dispoñible na paxina web, festivalatlantica.com