O programa Artellando volve ás festas do #apostolo2017 https://t.co/ITzmE9F7og pic.twitter.com/p3VFn2ZwDd
— Nós Televisión (@NosTelevision) July 7, 2017
O programa Artellando volverá á nosa cidade con máis de vinte actividades distintas programadas no marco das Festas do Apóstolo 2017. A tenente de alcalde, María Rozas, explicou este programa, así como as seccións nas que se divide o mesmo acompañada de representantes das asociacións que colaboran coa actividade: Fran Rei (Culturactiva), Mauro Sanín (Central Folque), José Expósito (Pista Catro) e Mariola Cerdeiro (Urdime).
As festas en movemento
O programa Artellando vaise desenvolver do 17 ao 23 de xuño con todo tipo de actuacións, obradoiros e actividades en diversos espazos da cidade.