Volve a Mostra Internaional de Cine Etnográfico a Compostela coa súa 14ª edición. Desta quenda, a Sección Oficial recolle 16 filmes a concurso de 10 nacionalidades diferentes, todas seguindo tres eixos fundamentais, como explica a directora da MICE, Ana Estévez: “o cine doméstico, as fronteiras tanto físicas como simbólicas e a etnografía e a música”. Sete delas proxectaranse en Galicia por primeira vez.
Repartiranse os premios á Mellor Película Etnográfica, Mellor Película Galega, o Premio do Público e o Premio da Asociación Galega de Antropoloxía. As entradas serán de balde, tendo que recollelas con antelación no Teatro Principal ou nos Cinemas NUMAX a partir do sábado 23.
A sección Impropias é unha das novidades máis detacables desta edición, que recolle a visión da muller nun mundo, coma moitos, monopolizado por homes; e que inclúe tres filmes. Trazas, pola súa banda, é unha sección adicada á música e a etnografía, ou máis ben a desaparición das tradicións e a súa mometización coa nosa cultura actual á vez. Alén das proxeccións, tamén se levarán a cabo actividades paralelas co fin de levar o cine máis preto das persoas, como conversas e obradoiros creativos.