Home Programas Espazo Aberto “Vodafone no desprecia el gallego, fue un comentario desafortunado”

“Vodafone no desprecia el gallego, fue un comentario desafortunado”

0
“Vodafone no desprecia el gallego, fue un comentario desafortunado”

O director de Vodafone España en Galiza, Fran Vallejo, participou hoxe na Cidade da Cultura na presentación da primeira edición dun proxecto de innnovación social dixital que realiza a súa empresa en colaboración coa Xunta. Ao remate do acto Nós Televisión preguntoulle pola polémica xurdida hai uns días pola negativa a atender en galego no noso territorio e pola confirmación escrita a través da conta oficial da compañía de que só empregaban o castelán e ningunha das linguas oficiais do Estado.