Home Programas Espazo Aberto ‘Voces, silencios e silenciamentos’. Como construímos os discursos?

‘Voces, silencios e silenciamentos’. Como construímos os discursos?

0
‘Voces, silencios e silenciamentos’. Como construímos os discursos?

A cuarta edición deste Simposium xira entorno ao discurso pero non só dende a perspectiva do que se di, senón tamén daquelo que se cala ou é silenciado. A través de sesións plenarias e debates colectivos perséguese o obxectivo de poñer o foco na desigualdade social creada dende o propio discurso.

O congreso reúne a especialistas dos cinco continentes e expón a relación do discurso con diferentes temáticas: o xénero, a mobilidade, o racismo… Raúl Ríos, do departamento de economía aplicada da USC, expón a súa tese nesta cuarta edición do Simposium. “Fago unha investigación sobre o tratamento mediático da crise económica e de toda a información silenciada”, explica Raúl Ríos. Ademais das propias sesións e debates, a Facultade de Filoloxía acolle durante a celebración deste congreso unha pequena exposición na que se mostra a través de fotografías impresas en varios paneis a realidade de diferentes lugares.