O Teatro Principal de A Estrada acollerá este mes o estreo de “Voa”, unha adaptación de Ana Carreira da obra “O Espantallo Amigo” de Xosé Neira Vilas, a representación que conxuga o teatro da Escola Municipal de Artes Escénicas có Baile Tradicional da Escola de Baile, Canto e Música tradicional “Tequexetéldere”, renderá homenaxe ao escritor de Gres moi vinculado sempre ao concello estradense.
As funcións terán lugar o sábado 18 ás 20:30 horas e o domingo 19 ás 19:00 horas. As entradas xa están a venda no Departamento de Cultura do Concello e en Calzados A Esquina a un prezo de 3€.