Home Programas Área Compostela “Vivir Santiago” achega ao alumnado o patrimonio da cidade

“Vivir Santiago” achega ao alumnado o patrimonio da cidade

0
“Vivir Santiago” achega ao alumnado o patrimonio da cidade

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou en rolda de prensa un programa que co nome de “Vivir Santiago” quere achegar ao alumnado de Primaria e Secundaria do municipio actividades que faciliten o coñecemento do patrimonio da cidade.

O propio Pazo de Raxoi e varios lugares históricos da cidade entrarán na oferta de actividades que propón “Vivir Santiago”.

Tamén se está a traballar na preparación dun curso de formación do profesorado para desenvolver e crear outros itinerarios monográficos.