
O programa Vive o Verán facilitará a conciliación laboral e familar. A concelleira de Centros Socioculturais, Concha Fernández, presentou hoxe unha nova edición deste programa, que se desenvolverá durante o mes de xullo nos centros e locais socioculturais.
A concelleira Concha Fernández presentou esta mañá o programa de conciliación laboral e familar nos Centros Socioculturais pic.twitter.com/LTk9bygsNZ
— Nós Televisión (@NosTelevision) 16 maio 2017
Haberá bonificacións no prezo das actividades en función da situación de cada familia
O prazo de preinscrición para que as familias reserven a súa praza nestas actividades xa está aberto dende hoxe e durará ata o vindeiro 26 de maio, sendo requisito imprescindible estar empadroados en Santiago.