Home Programas Espazo Aberto Vitoria veciñal en Casalonga: a Xunta tumba o proxecto de Toysal

Vitoria veciñal en Casalonga: a Xunta tumba o proxecto de Toysal

0
Vitoria veciñal en Casalonga: a Xunta tumba o proxecto de Toysal

A Consellería de Medio Ambiente vén de emitir un informe negativo con respecto ao proxecto presentado pola empresa propietaria da canteira, Toca y Salgado (Toysal) por non ter presentado a documentación requerida. O proxecto de restauración da canteira de Casalonga permitía o uso de diferentes materiais, como os residuos, para tapar os ocos do lugar. Para a veciñanza a intención de Toysal era clara: a instalación dun vertedoiro encuberto. Agora, a empresa pode recorrer o informe negativo emitido pola Consellería de Medio Ambiente.

Unha victoria veciñal

A finais do mes pasado, a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos organizou unha mobilización para este 15 de marzo en Compostela co obxetivo de presionar á Xunta para que se posicionase antes do 5 de abril sobre o plan presentado por Toysal. Así o sostiñan daquela: