A Concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi as “Visitas guiadas da man de Rosalía de Castro polas rúas de Compostela”. O obxectivo, tal como explicou a concelleira, e poñer en valor a figura de Rosalía como atractivo turísitco da cidade, xa que foi en Compostela onde naceu e onde tamen reposan os seus restos.
De balde
As visitas partirán dende o Hostal dos Reis Católicos os días 1, 2, 3 e 4 de Novembro. A participación é gratuíta e non se necesita inscripción previa. Terá unha hora e media de duración, pasando por diferentes puntos da cidade, e rematará no Panteón de Galegos ilustres, que é onde reposan os seus restos.