A Conselleira de Infraestructuras da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, acompañada do Concelleiro de medio ambiente e convivencia de Santiago de Compostela, Xan Duro, e parte da corporación municipal compostelá, visitou as obras da senda peonil que unirá Laraño con Vidán pola AC-543.
“Estas actuacións coinciden coa idea do noso departamento”
O concelleiro de salientou que esta actuación coincide coa idea do seu departamento de facilitar o acceso á cidade a través doutras infraestruturas que sexan máis acordes co respecto ao medio ambiente.
As obras comezaron o pasado mes de agosto e a conselleira asegurou que estarán rematadas para a primavera do ano vindeiro. O custe desta infraestrutura, que ten unha extensión total de dous quilómetros, é de 623.198 euros.