Home Programas Área Compostela Visita da Ministra de Cultura do Sáhara a Compostela

Visita da Ministra de Cultura do Sáhara a Compostela

0
Visita da Ministra de Cultura do Sáhara a Compostela

A ministra de Cultura da República Árabe Saharaui, Jadiya Hamdi, atópase de viaxe por Galiza para explicar a situación actual dos campos de refuxiados e os proxectos culturais que están a desenvolver neles. No noso país mantivo reunións con varias Institucións e organismos visitando, ademais de Santiago, Pontevedra, A Coruña, Oleiros o Lugo. Na capital foi recibida, a pasada semana, polo alcalde da cidade, Martiño Noriega.  Ao remate da reunión a ministra explicou a situación actual do Pobo saharaui.

vlcsnap-2017-02-01-11h40m15s579
Jadiya Hamdi visitou a pasada semana o Pazo de Raxoi e deu conta da situación actual dos campos de refuxiados no Sáhara

A Ministra de Cultura da República Saharaui explicou a situación dos campamentos no Pazo de Raxoi e agradeceu a boa acollida que tivo no Concello de Santiago

Martiño Noriega reiterou a solidariedade e o “recoñecemento dos dereitos do pobo saharauí” así como tamén amosou a intención de que o Concello continúe a colaborar co Goberno da República Árabe Saharaui

Coa súa visita a Galiza, a responsable de Cultura saharauí soubo de primeira man os apoios cos que conta no noso país ademais de visibilizar cara a opinión pública galega a actual situación do seu pobo.