Visita audiovisual á exposición ‘Debuxantas. Pioneiras da ilustración’

A mostra recolle as creacións de ilustradoras que traballaron para ABC e Blanco y Negro, desde finais do XIX ata os 90.

A exposición Debuxantas. Pioneiras da ilustración leva ese nome en referencia ao I Salon de Dibujantas, no Lyceum Club Femenino en 1931. Conta con preto de 130 obras de 40 ilustradoras. Desde Ángeles Torner Cervera (atc), Piti Bartolozzi ou Mar Ferrero ata as galegas Maruja Mallo, Teófila Sasiaín e María Antonia Dans. As comisarias da mostra son Marta González Orbegozo e Xosefina Alix.

Visitamos a mostra coa responsable do Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra, Paula Tilve. Estará aberta ata o 30 de agosto.