O goberno español comprometeuse diante de Europa a acoller a 17.337 refuxiados antes do 26 de setembro. A data de hoxe só acolleu a 1.980. Diante desta situación o concello de Santiago decisiu adherirse á campaña “Vinde xa” que reivindica o cumprimento desta promesa. É o primeiro municipio galego en facelo como explicou a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.
No mundo hai máis de 20 millóns de persoas refuxiadas. España comprometeuse a acoller ao 0,08% do total. Aínda así, incumpre.Máis info: nostelevision.gal/vinde-xa
Publicada por Nós Televisión en Miércoles, 13 de septiembre de 2017
Máis de 20 millóns de persoas buscan refuxio en todo o mundo. España comprometeuse a acoller ao 0,08% e aínda así, incumpre
#VindeXa lembra que no conxunto do mundo hai máis de 20 millóns de persoas refuxiadas da que España se comprometeu a traer a un 0,08% do total e advirten que o tempo se está esgotando. Esta iniciativa quere chamar a atención para que o Goberno español cumpra cos seus compromisos e poñen á disposición un contador co seguimento desta promesa que, desde hoxe mesmo, tamén será accesible na páxina web de Nós Televisión.