Villoslada sobre Alcoa: “Gustaríanos que Feijóo non actúe sempre a remolque do goberno Central”

Industria anuncia que a multinacional prorroga o ERE, o goberno español está a estudar propostas de compras no horizonte dunha nova reunión a semana vindeira

O deputado do PSdeG pola Coruña, Juan Díaz Villoslada, confirmou a Nós Televisión que ALCOA prorrogaba o ERE de ALCOA, tal e como anunciara a ministra de Industria, Reyes Maroto. “É unha boa nova mais hai que ser prudentes”, sinalou o deputado socialista.

- Publicidade -

Con esta decisión ábrese un prazo para valorar algunhas ofertas de compra que, segundo indican fontes ministeriais, agora mesmo estanse a valorar. Villoslada indicou que é importante a participación do comité de empresa e a “unidade de acción” neste tema.

Por outro lado Villoslada parabenizouse de que Alcoa afronte unha nova subasta do servizo de interrumpibilidade que estaba prevista para o mes vindeiro.

En relación á participación do goberno galego en este tema o deputado socialista di que agarda que “Feijóo non vaia a remolque do goberno español” e anímalle a tomar iniciativas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego