Home Programas Espazo Aberto Villares rompe o seu silenzo e pide a dimisión de Paula Quinteiro

Villares rompe o seu silenzo e pide a dimisión de Paula Quinteiro

0
Villares rompe o seu silenzo e pide a dimisión de Paula Quinteiro

O voceiro de En Marea vén de amosar publicamente a súa posición sobre o caso que afecta á deputada Paula Quinteiro. Dez días despois do incidente desta deputada coa Policía local, Luís Villares convidouna a dimitir malia que este o fai a título persoal e non como voceiro do grupo parlamentario da Marea.

Paula Quinteiro debe responder ante a cidadanía […] nós xeramos unhas expectativas de cambio

O voceiro de En Marea rompeu o seu silenzo para explicar a súa postura desfavorable a que a deputada continúe no Parlamento

Luís Villares alertou que actuacións como as protagonizadas por Quinteiro “comprometen a eficacia” dunha organización que chegou á política para “mudar as cousas” ao tempo que  rexeitou o “uso indebido da súa condición parlamentaria” que, ao seu ver, protagonizou esta deputada recentemente.

Unha consulta interna

Finalmente, desde En Marea organizarán unha consulta telemática as súas bases para coñecer a opinión sobre o caso e, se fora o caso, se esta debe presentar ou non a súa dimisión como parlamentaria. Decisión, iso si, que depende en exclusiva dela.