Os orzamentos da Xunta de Galiza continúan a ser polémicos. O voceiro de EnMarea, Luís Villares, criticou na sesión de control ao presidente Alberto Núñez Feijóo que cos niveis actuais de riqueza esta estea mal distribuída e se destrúan traballos con estes orzamentos reducidos.

- Publicidade -

Na súa intervención no Parlamento, Villares tamén tocou o tema das pensións criticando os recortes que lles afectan ao peto a este sector da poboación tan importante en Galicia.

Segundo o voceiro de EnMarea “a crise económica pasaría pero a social segue e non pasará mentres non teñamos recuperado os dereitos”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego