Luís Villares aproveitou hoxe un almorzo informativo en Compostela para cargar contra Podemos e a súa proposta alternativa. O voceiro de En Marea quitou importancia ao informe presentado pola formación morada e que comentaba onte en Nós Televisión a deputada Luca Chao.
O político lucense sinala ao líderes de Podemos, Pablo Iglesias e Antón Gómez-Reino, como os “causantes” da actual situación e deixou caer que a súa propia candidatura contou tamén co apoio de militantes da formación morada. Por este motivo sinalou que os criticos deberían “arrimar o ombro” e apelou á responsabilidade para non provocar “a ruptura”.