O portavoz de EnMarea no Parlamento Galego, Luís Villares, asistiu hoxe á ofrenda floral organizados pola Fundación Rosalía de Castro en lembranza do 180º aniversario da nosa poeta. Ao remate comentou as declaracións de Feijóo que sinalaba á oposición como a culpable de non haber oposicións este ano ao non aprobarse o Orzamento en Madrid.
Villares, preguntado pola prensa, quixo valorar os primeiros 100 días de goberno de Feijóo na Xunta.