O Candidato á Presidencia da Xunta, Luís Villares, acompañado polas cabezas de lista das provincias de Pontevedra e da Coruña, visitou o pasado sábado a Pobra do Caramiñal, Ribeira e Noia. Nesta última localidade realizou un acto no que se salientaron as dificultades do sector do mar e anunciou as propostas que trasladará En Marea.