O voceiro de En Marea compareceu en rolda de prensa acompañado polas deputadas e deputados do seu grupo no Parlamento galego para expresar a súa solidariedade cos familiares das vitimas e as persoas que perderon as súas casas na vaga de incencios que está a destruir o noso país.
Non é momento de pedir dimisións pero si explicacións por unha Xunta notoriamente superada
“A cidadanía a que defende o ben común coas súas mans”
Villares amousouse orgulloso da cidadanía galega que “defende o que é de todas”.
.@VillaresLuis, de @En_Marea, en relación aos incendios, síntese orgulloso da cidadanía “que defende o que é de todos” #QueimanGalicia pic.twitter.com/L4zMfQRQWc
— Nós Televisión (@NosTelevision) 16 de octubre de 2017
Villares pediu explicacións á Xunta que, segundo o voceiro de EnMarea, viuse superada e non mobilizou todos os medios que estaban ao seu dispor.