O voceiro d @En_Marea, @VillaresLuis, arremeteu contra a "inadmisible" xestión da Fundación Franco do Pazo de Meirás https://t.co/kPvxWHRYli pic.twitter.com/01601Fn0qr
— Nós Televisión (@NosTelevision) August 1, 2017
O debate sobre o teito de gasto celebrado hoxe no Parlamento galego tivo un momento polémico cando o portavoz de En Marea, Luís Villares, lembrou que a Fundación Francisco Franco xestiona as visitas do Pazo de Meirás e relacionou a figura do ditador alemán Adolf Hitler coa do ditador español.
O PP molesto pola comparación
Os ánimos entre deputadas e deputados do Partido Popular fixeron que en varios momentos da intervención o presidente do Parlamento tivera que facer varios chamamento á orde para que continuara a intervención do voceiro de EnMarea.