Home Programas Espazo Aberto Villar Mir vende Ferroatlántica a TPG, o fondo que se fixo con Burguer King e o Circo do Sol

Villar Mir vende Ferroatlántica a TPG, o fondo que se fixo con Burguer King e o Circo do Sol

0
Villar Mir vende Ferroatlántica a TPG, o fondo que se fixo con Burguer King e o Circo do Sol

O Grupo Villar Mir, finalmente, vendeu Ferroaltántica.  O fondo investidor estadounidense TPG Sitxh Street fíxose coa fábrica de ferroaliaxe de Cee-Dumbría e coas centrais hidroeléctricas vinculadas por 170 millóns de euros nunha operación na que quedou excluída a planta de Sabón. A operación debe contar co visto bo tanto do Goberno galego como da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.

A venda enmárcase na necesidade de vender recursos que ten o grupo para facer fronte á débeda que arrastra. Non é a primeira vez co intenta. A Xunta impedíralle hai dous anos a segregación das centrais logo dunha importante mobilización social e non contar con garantías de continuidade da actividade industrial.

Ferroatlántica e Ferroglobe seguirán vinculadas a través dun acordo mediante o cal a primeira recibirá os produtos elaborados pola segunda.

Quen é TPG?

Este fondo que se acaba de facer con Ferroatlántica, TPG, é unha empresa de capital risco creada en 1993. Ten participacións tanto fóra como dentro dos Estados Unidos e entre elas figura Burguer King, O Circo do Sol e a aeroliña America West.